
Eu, a meiga, levo o espírito de Galicia latexando no meu peito. As miñas fraquezas son as leccións sacras que me fan máis sabia. Son a proba viva de que a Galiza máxica e Pagá existe. Cada verba que confío aos ventos cabalgan entre os mundos. Os meus meigallos, agroman nas raíces máis fondas da terra e nas ás que bican todos os ceos.
A Deusa Navia escóitame, sorríme e dáme abeiro. Cada paso sela o fado. No meu sangue vermello ferve o legado de todas as miñas avoas; nese galopar resoan os prodixios que me levan o carón das miñas irmáns.
Nos, todas xuntas, somos as Tecedoras: fiamos a realidade con sangue, ósos e lúas. Somos as que, no colo da noite, lemos o voo do corvo. As que bailamos por sempre coa Serpe na sombra do vello Teixo. As que oubeamos, salvaxes e ceibes. Morremos mergulladas en cada Lúa negra para renacer ca volta da lúa que medra. Comemos o Sol a bicos para sandar, para volver ser. Somos inmortais, pois a nosa maxia non ten fin.
Lembra: ti es pura maxia.
ZeltíaALobaMeiga©

A COMUNIDADE
Este é un espazo de comunidade que serve como punto de encontro para Zeltía A Loba, a Irmandade das Meigas Pagás de Galiza e o Instituto de Artes Ocultas, tres entidades con identidade propia que colaboran, pero que funcionan como organizacións independentes e autónomas.
ZELTÍA A LOBA MEIGA
Directora do Instituto de Artes Ocultas Zeltía A Loba e Sabia Vella da Irmandade Das Meigas Pagás de Galiza.
Cunha traxectoria consolidada no mundo esotérico, o seu oficio integra o estudo e a práctica das mancias tradicionais, oráculos e a evolución da maxia desde as súas vertentes antigas ata a modernidade. Como especialista en bruxería e hechicería, compaxina o seu oficio coa dirección docente no seu propio instituto, onde lidera programas de formación, e o seu camiño de Sabia Vella na Irmandade das Meigas.
Destaca a súa faceta como divulgadora. Así mesmo, é a creadora e presentadora do podcast "Un Café Enmeigado", un espazo dedicado á difusión da Meiguería, o Paganismo Galaico e as Artes Esotéricas.
IRMANDADE DAS MEIGAS PAGÁS DE GALIZA
O ESPERTAR DOS DEUSES GALAICOS
A Irmandade nace dun impulso compartido entre Zeltía A Loba e Ander Acereda: a curiosidade, a inquietude e o desexo profundo por reencontrarse coas súas raíces espirituais e máxicas. Tras anos de investigación e vivencia persoal, era o momento de abrir as portas desta tradición a todas aquelas persoas que senten unha afinidade especial coa nosa terra e as súas vellas deidades.
O noso proxecto fúndase sobre a relixión precristiá de Galiza, un legado rico en deuses, ritos e unha espiritualidade intimamente ligada á natureza e aos seus ciclos. Pero tamén damos importancia ao mundo actual, sendo pontes entre as idades da Galiza.
Para quen decide comezar o camiño da Meiga, debe saber que con iso comeza a súa formación como sacerdotisa ou sacerdote pagáns galaicos. As Meigas Pagás somos, a partes iguais, meigas e relixiosas pagás.
INSTITUTO DE ARTES OCULTAS
Donde el misterio encuentra su estructura.
En el Instituto, transformamos la intuición dispersa en un conocimiento sólido y con raíz. Nos alejamos de las corrientes superficiales para recuperar el rigor y la profundidad que la tradición esotérica europea siempre ha custodiado.
Tanto si acabas de cruzar el umbral como si eres una veterana buscando el orden que tu práctica exige, este es tu espacio de formación. Aquí no buscamos modas; cultivamos la ética, el estudio y la maestría necesaria para que aprendas a habitar tu propio poder.
Cruza el umbral: es el momento de que tu práctica eche raíces.

Contáctanos
¡Contáctanos para descubrir el poder de la magia y protección en tu vida! Estamos aquí para ayudarte.
Ubicación
Zeltía A Loba, Meiga.
Celanova, Ourense, Galicia.